ALDEA LONXANA


A miña aldea hoxe está lonxana
nas néboas do seu tempo destruído.
Dende as xanelas da casa aldeá
ainda é lembranza de un camiño ido.
Aquela casa, agora derribada
polo vento do norte, sopro infindo
ó pasado somente é convidada
ó hoxe o seu perfil non é benvindo.
Ostentaba nas tardes salaiadas
aquela branca e recatada cor
que teñen as aldeas de outras datas.
Hoxe é tempo escondido… quando for
chegado o de rever as mañáns claras
 xa me será tamén o do solpor…